23/02/24

O ENTROIDO MÁIS DEPORTIVO

Como xa vos comentaramos, o proxecto do centro é os deportes nas olimpiadas. Así aproveitamos o Entroido para coñecer algúns deportes. Cada nivel de todo o cole escolleu un e representarono por medio dunha coreografía ou dun desfile (como foi o noso caso). 

Uns días antes fomos a ensaiar, pero somos máis de improvisar e así nos quedou a representación "máis natural". 

Tamén fixemos durante esa semana un mural do entroido cos disfraces que escollemos, xogos e antefaces que xa levamos para casa. Non nos esquecemos de facerlle caso as ordes que tiñamos cada día para "acudir" á escola: vendas, zapatos diferentes, gorros ou gafas....






Toda a mañán do venres 9 de febreiro, pasámola temendo polo tempo, para saber se poderíamos facer o Festival como tiñamos pensado. Pero empezabamos celebrando de igual forma este día diferente. 

Xuntámonos nunha aula os dous grupos de 4º para preparar os nosos dorsais, facer a foto previa, colocar xa as mesas para a merenda... e despois baixamos todos ao pabellón do cole para situarnos e ver o "espectáculo".

Aquí podedes ver un pouco do ben que o pasamos neste día.









Ningún comentario: