24/04/24

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celebrase o Día do libro  e para celébralo, tivemos a visita nalgunhas aulas da ilustradora María Lapido, que nos ensinou algúns dos seus debuxos. Contounos que os contos non só teñen texto e letras senón tamén teñen ilustracións. Dixemoslle cal era a nosa cor favorita e dounos unha ficha que despois de colorear as imaxes axudounos a compoñer o noso primer libro Fanzine.  

Un auténtico descubrimento!!







Despois Rosana leeunos o conto : "Sorpresa de cores" da editorial Cómbel e así seguimos pensando e descubrindo as cores destapadas neste libro despregable.



Agora seredes vós como sabedes, así que podedes vir a contar un conto nas nosas aulas nas vindeiras semanas. 

Esperámosvos!!



22/04/24

RECÉN CHEGADAS AS TÁBOAS DE EQUILIBRIO

Finalizando o segundo trimestre adquirimos para infantil as táboas de equilibrio. Forman parte dun proxecto solidario "artfordentbyhugo". O beneficio de cada táboa (o 100%) vai destinado á financiación da enfermidade de Dent.

Estas táboas teñen múltiples beneficios como son o xogo evolutivo, dende os máis pequenos aos máis maiores, mellora o equilibrio, desenvolve a cratividade e o inxenio, mellora a motricidade e tamén como elemento terapéutico e exercitado para nenos e maiores; ioga, rehabilitación...










05/04/24

EXPERIMENTANDO CON ESPUMA

Hai unhas semanas estivemos facendo trazos de grafomotricidade pero experimentando coas nosas mans e cunha textura diferente: espuma de afeitar. Foi todo un éxito, encantoulles facer os trazos así e algúns deles acabaron co mandilón e o pelo brancos. Aqui tedes as fotos dese día e pode que o repitamos mais veces.








13/03/24

DÍAS CONMEMORATIVOS

Estas semanas celebramos diversos días conmemorativos que algúns veñen marcados no......

- O día 23 de febreiro celebrase o Día de Rosalía. Dende o Equipo de Normalización Lingüística propuxose ilustrar con cartón pluma grande unha palabra dalgún dos seus poemas. Cada clase escolleu unha palabra e unha forma e técnica para plasmalo e finalmente fixemos unha exposición na entrada de cada edificio. Aquí podedes ver a foto de todos os traballos feitos polos compañeiros/as de infantil.  A clase de 4ºA escollimos a palabra "BARCO"e a clase de 4ºB "CORAZÓN". Visionamos fotos de Rosalía, a súa casa e escotamos diferentes videos e canciones relacionados con ela. 






                                      

Aproveitamos tamén a proposta feita polo Equipo de Dinamización da Biblioteca para acudir a biblioteca e dramatizar coas vestimentas, ler libros. Alí estaba Sara, mestra de primeiro de primaria e coordinadora deste equipo. Ela recitounos poemas de Rosalía co pandeiro e a pandereta.  





- O día 8 de marzo celebrase o Día Internacional da Muller é como este ano o proyecto do centro está relacionado cos deportes olímpicos, escollemos a unha muller que fixo historia como pioneira do futbol femenino. Coñecimos algo da vida de Irene González Basanta e fíxonos reflexionar o porqué as mulleres tamén poden xogar a este deporte que nun inicio se consideraba de homes. Incluso falamos da condición de que para que xogaran, tiñan que facelo con saia, xa que  os pantalóns eran considerados de homes. Sairon cousas moi interesantes na conversa.

Irene  González Basante, la primera mujer en jugar al fútbol en España


E aínda nos queda moito que conmemorar!

23/02/24

O ENTROIDO MÁIS DEPORTIVO

Como xa vos comentaramos, o proxecto do centro é os deportes nas olimpiadas. Así aproveitamos o Entroido para coñecer algúns deportes. Cada nivel de todo o cole escolleu un e representarono por medio dunha coreografía ou dun desfile (como foi o noso caso). 

Uns días antes fomos a ensaiar, pero somos máis de improvisar e así nos quedou a representación "máis natural". 

Tamén fixemos durante esa semana un mural do entroido cos disfraces que escollemos, xogos e antefaces que xa levamos para casa. Non nos esquecemos de facerlle caso as ordes que tiñamos cada día para "acudir" á escola: vendas, zapatos diferentes, gorros ou gafas....






Toda a mañán do venres 9 de febreiro, pasámola temendo polo tempo, para saber se poderíamos facer o Festival como tiñamos pensado. Pero empezabamos celebrando de igual forma este día diferente. 

Xuntámonos nunha aula os dous grupos de 4º para preparar os nosos dorsais, facer a foto previa, colocar xa as mesas para a merenda... e despois baixamos todos ao pabellón do cole para situarnos e ver o "espectáculo".

Aquí podedes ver un pouco do ben que o pasamos neste día.









19/02/24

SAÍDA Á CASTRIGO

Xa hai unhas semanas, que desfrutando do bo tempo, aproveitamos para facer a nosa primeira saída ao entorno e foi toda unha experiencia.
Saímos do cole por unha "porta segreda" e con moito coidado e en parellas, camiñamos cara Castrigo descubrindo moitas cousas ao noso paso. Paramos a descansar preto do lavadoiro e a comentar o que viramos. Tamén dende alí descubrimos varios hórreos.
Á volta, un veciño moi amable, invitounos a pasar a súa finca que xa estaba aberta, para ver o acivro que era unha imaxe moi bonita, polo que aproveitamos para facernos unha foto de recordo da nosa primeira saída. 

Houbo algúns nenos e nenas que tiñan medo de que non souberamos voltar ao cole, porque non o vían, ou pensaban que se cadra non chegabamos para o comedor. Pero medos superados, xa que chegamos de sobra para poder falar aínda un pouco sobre o noso paseo.









28/01/24

XOGANDO COAS VOGAIS

Na clase seguimos traballando a conciencia fonolóxica das letras. Xa case todos coñecemos o son das letras e con cancións e xogos seguimos practicando. Nestes xogos que vedes tratábase de adiviñar a vogal pola que empeza cada imaxe ou poñer unha pinza nos que empezan por unha vogal determinada. Tamén temos un libro para cada un de vogais. Deixámosvos tamén unha canción das que poñemos na clase.