24/04/24

REMATANDO ABRIL

Esta última semana do mes de Abril tivemos varias actividades programadas: o martes 23( Día do libro), o xoves 24 (saída a Santiago para acudir a un taller didáctico no CGAC) e o venres visita de persoal da Aula da Natureza do concello para poñer en funcionamento o Hotel dos bichos instalados nos patios do recreo de infantil.
  • O 23 de abril celebrase o Día do libro  e para celébralo, tivemos a visita nalgunhas aulas da ilustradora María Lapido, que nos ensinou algúns dos seus debuxos. Contounos que os contos non só teñen texto e letras senón tamén teñen ilustracións. Dixémoslle cal era a nosa cor favorita e dounos unha ficha que despois de colorear as imaxes axudounos a compoñer o noso primeiro libro Fanzine.  

Un auténtico descubrimento!!


Despois Rosana leunos o conto : "Sorpresa de cores" da editorial Cómbel e así seguimos pensando e descubrindo as cores destapadas neste libro despregable.



Agora seredes vós como sabedes, así que podedes vir a contar un conto nas nosas aulas nas vindeiras semanas. 

Esperámosvos!!

  • O 25 de abril, fixemos unha saída didáctica ó Centro galego de Arte contemporánea. Alí vimos a obra de Antón Lamazares e a guía, Susana explicounos con que material pintaba e que cores utilizaba nas súas obras. Probamos a pintar debaixo dun cartón liso ou con engurras, ondulado e tamén tocamos diferentes texturas. Estivemos moi atentos e percorremos moitas salas para ver a súa obra. Tamén tivemos tempo de ir ó parque que estaba moi preto e puidemos merendar alí e xogar antes de que viñera o autobús. Gustounos moito facer a saída , levaban días preguntando cando marchabamos en bus.





  • O 26 de abril, viñeron persoal da Aula da Natureza do concello a explicarnos para que serve un hotel de bichos. A través desta aula, operarios do concello instalaron o "hotel" e o venres enchémolo entre todos co material da natureza (troncos, palla, paus, piñas...). Agora só toca agardar as visitas pero para eso é moi importante que non toquemos as habitacións.












Ningún comentario: