07/06/24

SAÍDA :"O FOGAR DO MEU BURRO"

A semana pasada fumos a visitar a Tomás e os seus burros. Ensinounos unha chea de cousas sobre estes equinos e ademais, instrumentos musicais feitos por el de forma artesanal e cos que se poden conseguir estupendas melodías. Ademais, tamén nos regalou unha bolsa chea destes instrumentos para que trouxeramos para o cole! 

El amenizounos coa súa voz cantando e conectou enseguida cos nenos e nenas, xa que se nota a paixón que ten por todo o que fai. Ten unha zona de estimulación para tocar e experimentar con diversos materiais sonoros. Nesa zona explicounos moitas curiosidades dos burros ademais do seu coidado e alimentación. Sen dúbida co que mais disfrutaron foi montando no carro e nos burros para dar un paseo.

Foi un día especial adicado a este animal e nun entorno rural e tranquilo como corresponde e coa boa guía do tan entrañable, Tomás. 

Agora sabemos un montón sobre os burros e comprobamos que o que descubriramos na clase sobre eles era certo!

 
















Ningún comentario: