Os últimos días desfrutamos de actividades no patio cos nosos compañeiros de infantil onde xogamos con varios xogos de madeira que nos gustaron moito e un obradoiro de contacontos.
AULAS DE 4º ED.INFANTIL CEIP "A MAÍA"
25/06/24
TRABALLANDO AS EMOCIÓNS NA AULA
Durante estes meses estivemos traballando as emocións como sabedes, xa que nos axudastedes cos materiais que trouxestes da casa para introducir esta temática na clase.
Queríamos que fora algo que quedara permanente no día a día, polo que habilitamos cada aula unha zona de "emocións" onde podemos acudir para ter un momento de calma personal cando o precisemos. Alí temos laberintos, botellas, mandalas, trucos para voltar a esa calma como números para contar ata 10, facer unha respiración profunda....
Tamén fixemos un monstruo "educado" para cada aula ao que lle encanta alimentarse de palabras máxicas.
AS CANCIÓNS DO COLE
17/06/24
CONCERTOS MUSICAIS EN GALEGO
O Departamento de música do centro organizou o concerto de Paco Nogueiras para todo educación infantil.
Todas as clases acudiron ao patio exterior para escoitar, moverse e bailar coa música tan animada de Paco Nogueiras.
Eles desfrutaron con este cantante que tan ben sabe facer mover e captar, coa súa música, a atención dos máis pequenos.
O Equipo de Normalización Lingüística tamén organizou para todo o centro o concierto de Inma Macías e Luis Pinto.
A preciosa voz de Inma e o acompañamento instrumental con Luis, fixo que fora unha combinación perfecta e única para escoitar e desfrutar deste concerto que puidemos ter ó aire libre.
Foron dous pases e educación infantil estivo cos compañeiros de primer ciclo de primaria. Foi música en galego para así tamen dar o impulso final do compromiso Modo activa o galego que fixemos no mes de maio.
O día anterior tamén visionamos unha película en galego, comendo uns gusanitos, acordo que asinamos cando comezamos o Modo Galego Actívao! Estivemos todo o nivel nunha mesma aula para compartir esta sesión de cine.
07/06/24
SAÍDA :"O FOGAR DO MEU BURRO"
A semana pasada fumos a visitar a Tomás e os seus burros. Ensinounos unha chea de cousas sobre estes equinos e ademais, instrumentos musicais feitos por el de forma artesanal e cos que se poden conseguir estupendas melodías. Ademais, tamén nos regalou unha bolsa chea destes instrumentos para que trouxeramos para o cole!
El amenizounos coa súa voz cantando e conectou enseguida cos nenos e nenas, xa que se nota a paixón que ten por todo o que fai. Ten unha zona de estimulación para tocar e experimentar con diversos materiais sonoros. Nesa zona explicounos moitas curiosidades dos burros ademais do seu coidado e alimentación. Sen dúbida co que mais disfrutaron foi montando no carro e nos burros para dar un paseo.
Foi un día especial adicado a este animal e nun entorno rural e tranquilo como corresponde e coa boa guía do tan entrañable, Tomás.
Agora sabemos un montón sobre os burros e comprobamos que o que descubriramos na clase sobre eles era certo!
24/05/24
"EMOCIÓNS EN RISCO"
15/05/24
ACTIVAMOS MODO GALEGO!!!
Aquí tedes os compromisos da aula 4ºA e 4ºB.