09/10/23

ADAPTACIÓN Ó COLEXIO

 BENVIDAS FAMILIAS:

Con este blog pretendemos que vexades algunhas das cousas que facemos na escola e contarvos moitas das experiencias e actividades que facemos e así compartir as experiencias cos vosos/as fillos/as.

Os primeiros días estuvemos coñecendo a nosa aula, os nosos compañeiros/as e as nosas profesoras. Tamén aprendemos as rutinas e as normas da escola para ter unha boa convivencia e organización: facer as filas, lavar as mans, colgar mochilas, poñer o mandilón, hábitos na hora da merenda... e así estamos todos, adaptándonos. 

Fíxemolo xenial e adaptación superada. A maioría saben todos os nomes dos compañeiros e son capaces de facer as rutinas sós. Temos tempo para o xogo dirixido, xogo libre, aprender cancións, escoitar contos.... pouco a pouco ampliando tempos e tarefas. 

Aqui tedes unhas fotos destas primeiras semanas de curso. 

                              

 














Ningún comentario: