08/01/24

NADAL 2023

A última semana do primeiro trimestre estivemos facendo xogos, actividades e manualidades navideñas. Tamén ensaiamos a panxoliña: "Din, Don, Dan" de Iván Vale. Podedes pinchar sobre a foto de grupo para ver o vídeo.


Fomos o edificio de primaria a ver a exposición que fixeron o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca, e lemos o conto de "Oscar se come la Navidad" (que lles encantou!).




O derradeiro día de clase fixemos festa merendando chocolate con churros cos nosos compañeiras e compañeiros de nivel. Viñeron algúns nenos/as de 3º de primaria a cantarnos panxoliñas. Despois na sala de psicomotricidade celebramos as badaladas con gusanitos e baile para despedirnos ata este novo ano 2024. Pasámolo moi ben todos xuntos!

 












Ningún comentario: