11/12/23

MESA DE EXPERIMENTACIÓN

Temos unha mesa na clase que utilizamos moitísimo, tanto para xogos en gran grupo onde poñemos o material, como sitio onde experimentar e manipular material específico. Temos moita sorte porque ao ser pouquiños podemos desfrutar de que podemos estar todos arredor da mesa compartindo a mesma actividade.

Deixámosvos fotos para que vexades como traballamos a coordinación óculo-manual xa desde os primeiros días: facendo colares, metendo gomas en rolos de papel, rasgando papel....



Outros días puxemos números magnéticos na mesa e así buscámolos para facer a serie numérica ,noutra ocasión estaban as letras e compuxemos con elas os nosos nomes.


Tamén debullamos o millo e aproveitamolo para encher as letras do noso nome con el ou meter no vaso o número de grans que marcaba collendoos con cucharas ou pinzas. 







1 comentario:

Anónimo dixo...

Que bonit@s están y qué atentos a la faena