Aquí tedes os compromisos da aula 4ºA e 4ºB.
AULAS DE 4º ED.INFANTIL CEIP "A MAÍA"
15/05/24
ACTIVAMOS MODO GALEGO!!!
Aquí tedes os compromisos da aula 4ºA e 4ºB.
24/04/24
REMATANDO ABRIL
- O 23 de abril celebrase o Día do libro e para celébralo, tivemos a visita nalgunhas aulas da ilustradora María Lapido, que nos ensinou algúns dos seus debuxos. Contounos que os contos non só teñen texto e letras senón tamén teñen ilustracións. Dixémoslle cal era a nosa cor favorita e dounos unha ficha que despois de colorear as imaxes axudounos a compoñer o noso primeiro libro Fanzine.
Un auténtico descubrimento!!
Esperámosvos!!
- O 25 de abril, fixemos unha saída didáctica ó Centro galego de Arte contemporánea. Alí vimos a obra de Antón Lamazares e a guía, Susana explicounos con que material pintaba e que cores utilizaba nas súas obras. Probamos a pintar debaixo dun cartón liso ou con engurras, ondulado e tamén tocamos diferentes texturas. Estivemos moi atentos e percorremos moitas salas para ver a súa obra. Tamén tivemos tempo de ir ó parque que estaba moi preto e puidemos merendar alí e xogar antes de que viñera o autobús. Gustounos moito facer a saída , levaban días preguntando cando marchabamos en bus.
- O 26 de abril, viñeron persoal da Aula da Natureza do concello a explicarnos para que serve un hotel de bichos. A través desta aula, operarios do concello instalaron o "hotel" e o venres enchémolo entre todos co material da natureza (troncos, palla, paus, piñas...). Agora só toca agardar as visitas pero para eso é moi importante que non toquemos as habitacións.
22/04/24
RECÉN CHEGADAS AS TÁBOAS DE EQUILIBRIO
Finalizando o segundo trimestre adquirimos para infantil as táboas de equilibrio. Forman parte dun proxecto solidario "artfordentbyhugo". O beneficio de cada táboa (o 100%) vai destinado á financiación da enfermidade de Dent.
Estas táboas teñen múltiples beneficios como son o xogo evolutivo, dende os máis pequenos aos máis maiores, mellora o equilibrio, desenvolve a cratividade e o inxenio, mellora a motricidade e tamén como elemento terapéutico e exercitado para nenos e maiores; ioga, rehabilitación...
05/04/24
EXPERIMENTANDO CON ESPUMA
Hai unhas semanas estivemos facendo trazos de grafomotricidade pero experimentando coas nosas mans e cunha textura diferente: espuma de afeitar. Foi todo un éxito, encantoulles facer os trazos así e algúns deles acabaron co mandilón e o pelo brancos. Aqui tedes as fotos dese día e pode que o repitamos mais veces.
13/03/24
DÍAS CONMEMORATIVOS
Estas semanas celebramos diversos días conmemorativos que algúns veñen marcados no......
- O día 23 de febreiro celebrase o Día de Rosalía. Dende o Equipo de Normalización Lingüística propuxose ilustrar con cartón pluma grande unha palabra dalgún dos seus poemas. Cada clase escolleu unha palabra e unha forma e técnica para plasmalo e finalmente fixemos unha exposición na entrada de cada edificio. Aquí podedes ver a foto de todos os traballos feitos polos compañeiros/as de infantil. A clase de 4ºA escollimos a palabra "BARCO"e a clase de 4ºB "CORAZÓN". Visionamos fotos de Rosalía, a súa casa e escotamos diferentes videos e canciones relacionados con ela.
Aproveitamos tamén a proposta feita polo Equipo de Dinamización da Biblioteca para acudir a biblioteca e dramatizar coas vestimentas, ler libros. Alí estaba Sara, mestra de primeiro de primaria e coordinadora deste equipo. Ela recitounos poemas de Rosalía co pandeiro e a pandereta.
23/02/24
O ENTROIDO MÁIS DEPORTIVO
Como xa vos comentaramos, o proxecto do centro é os deportes nas olimpiadas. Así aproveitamos o Entroido para coñecer algúns deportes. Cada nivel de todo o cole escolleu un e representarono por medio dunha coreografía ou dun desfile (como foi o noso caso).
Uns días antes fomos a ensaiar, pero somos máis de improvisar e así nos quedou a representación "máis natural".
Toda a mañán do venres 9 de febreiro, pasámola temendo polo tempo, para saber se poderíamos facer o Festival como tiñamos pensado. Pero empezabamos celebrando de igual forma este día diferente.
Xuntámonos nunha aula os dous grupos de 4º para preparar os nosos dorsais, facer a foto previa, colocar xa as mesas para a merenda... e despois baixamos todos ao pabellón do cole para situarnos e ver o "espectáculo".
Aquí podedes ver un pouco do ben que o pasamos neste día.