15/11/23

AULA DE PSICOMOTRICIDADE

Temos outro espazo ao que nos encanta ir, a sala de psicomotricidade. Alí os días que temos psicomotricidade estamos a veces con calcetins e outras non. Movémonos e experimentamos diversas posturas e movementos co noso corpo. 

Fixemos xogos dirixidos de saltar, gatear, trepar... outros seguindo un circuito ou xogo libre deixando voar a nosa imaxinación. Creamos cos materiais de espuma, bloques de madeira e teas diferentes historias cada día. As teas convertense en capas de superheroes, sabas para as camas que constrúen nas súas casas, cabañas...



 
 

Tamén aproveitamos o espazo para reforzar contidos que traballamos na clase como os números, contar, tamaños, agrupacións....






Ningún comentario: