25/06/24

FIN DE CURSO 2023-24

Os últimos días desfrutamos de actividades no patio cos nosos compañeiros de infantil onde xogamos con varios xogos de madeira que nos gustaron moito e un  obradoiro de contacontos. 










TRABALLANDO AS EMOCIÓNS NA AULA

Durante estes meses estivemos traballando as emocións como sabedes, xa que nos axudastedes cos materiais que trouxestes da casa para introducir esta temática na clase. 

Queríamos que fora algo que quedara permanente no día a día, polo que habilitamos cada aula unha zona de "emocións" onde podemos acudir para ter un momento de calma personal cando o precisemos. Alí temos laberintos, botellas, mandalas, trucos para voltar a esa calma como números para contar ata 10, facer unha respiración profunda....






Tamén fixemos un monstruo "educado" para cada aula ao que lle encanta alimentarse de palabras máxicas.


 


Tiñamos tamen outra zona onde coas nosas fotos e pinzas marcabamos a emoción que sentíamos nese momento que ás veces cambiaban ó longo do día,  conscientes do seu cambio emocional.



Tamén fixemos coas súas fotos e os emoticonos dalgunhas emocións un xogo con solapas para que así viran as súas expresións e así poder xogar , falar e comentar esas emocións. Agora xa o teñen na casa e así podedes xogar con eles tamén.



Incorporamos na entrada, antes de entrar na clase, un cartel para que cadaquen escollera que saúdo prefería para comezar o día na escola. Foi moi divertido! 




AS CANCIÓNS DO COLE

A continuación deixámosvos unha colección das cancións empregadas na Asamblea, para que tamén poidades cantalas con eles:

- BOS DÍAS

- OS DÍAS DA SEMANA

- AS ESTACIÓNS DO ANO

- LOS DÍAS DE LA SEMANA

- A SALUDARNOS

- OS NÚMEROS

- MARIANA

- LAS VOCALES

- CHOVE EN GALIZA

- LA LLUVIA (Esta acelerábamola un pouquiño...)

17/06/24

CONCERTOS MUSICAIS EN GALEGO

O Departamento de música do centro organizou o concerto de Paco Nogueiras para todo educación infantil.
Todas as clases acudiron ao patio exterior para escoitar, moverse e bailar coa música tan animada de Paco Nogueiras. 
Eles desfrutaron con este cantante que tan ben sabe facer mover e captar, coa súa música, a atención dos máis pequenos.




O Equipo de Normalización Lingüística tamén organizou para todo o centro o concierto de Inma Macías e Luis Pinto. 

A preciosa voz de Inma e o acompañamento instrumental con Luis, fixo que fora unha combinación perfecta e única para escoitar e desfrutar deste concerto que puidemos ter ó aire libre. 

Foron dous pases e educación infantil estivo cos compañeiros de primer ciclo de primaria. Foi música en galego para así tamen dar o impulso final do compromiso Modo activa o galego que fixemos no mes de maio.




O día anterior tamén visionamos unha película en galego, comendo uns gusanitos, acordo que asinamos cando comezamos o Modo Galego Actívao! Estivemos todo o nivel nunha mesma aula para compartir esta sesión de cine.



07/06/24

SAÍDA :"O FOGAR DO MEU BURRO"

A semana pasada fumos a visitar a Tomás e os seus burros. Ensinounos unha chea de cousas sobre estes equinos e ademais, instrumentos musicais feitos por el de forma artesanal e cos que se poden conseguir estupendas melodías. Ademais, tamén nos regalou unha bolsa chea destes instrumentos para que trouxeramos para o cole! 

El amenizounos coa súa voz cantando e conectou enseguida cos nenos e nenas, xa que se nota a paixón que ten por todo o que fai. Ten unha zona de estimulación para tocar e experimentar con diversos materiais sonoros. Nesa zona explicounos moitas curiosidades dos burros ademais do seu coidado e alimentación. Sen dúbida co que mais disfrutaron foi montando no carro e nos burros para dar un paseo.

Foi un día especial adicado a este animal e nun entorno rural e tranquilo como corresponde e coa boa guía do tan entrañable, Tomás. 

Agora sabemos un montón sobre os burros e comprobamos que o que descubriramos na clase sobre eles era certo!

 
















24/05/24

"EMOCIÓNS EN RISCO"

Esta semana aproveitamos para visitar unha das exposicións que máis tiñamos gañas de ver, porque nela se xuntaban dúas das cousas que máis nos interesan neste último trimestre, as emocións e os animais. 
Aprendemos moitas cousas sobre eles, pero sobre todo aprendemos o importante que é coidar a natureza. 
Como o autor explicaba: "Precisamos empatía, emoción, para promover cambios. Só cando unha imaxe nos toca o corazón nos decidimos a actuar".




Tamén fixemos uns xabóns con formas de animais que levamos para casa. 





15/05/24

ACTIVAMOS MODO GALEGO!!!

Esta semana, retomamos unha actividade na que están participando os centros educativos do Concello de Ames e que funcionou moi ben durante o curso pasado. 
Trátase de Modo Galego, Actívao!. Consiste en que durante 3 semanas falemos galego, para o que firmamos un compromiso como tal e que terá a súa recompensa si conseguimos o reto. 
 Diariamente temos actividades relacionadas con algún tema, para aprender vocabulario (vídeos, cancións...). 
Estaría moi ben que dende a casa vos animarades a participar con nós, para o que vos compartimos o enlace. 

MODO GALEGO. ACTÍVAO! 

Aquí tedes os compromisos da aula 4ºA e 4ºB.



24/04/24

REMATANDO ABRIL

Esta última semana do mes de Abril tivemos varias actividades programadas: o martes 23( Día do libro), o xoves 24 (saída a Santiago para acudir a un taller didáctico no CGAC) e o venres visita de persoal da Aula da Natureza do concello para poñer en funcionamento o Hotel dos bichos instalados nos patios do recreo de infantil.
  • O 23 de abril celebrase o Día do libro  e para celébralo, tivemos a visita nalgunhas aulas da ilustradora María Lapido, que nos ensinou algúns dos seus debuxos. Contounos que os contos non só teñen texto e letras senón tamén teñen ilustracións. Dixémoslle cal era a nosa cor favorita e dounos unha ficha que despois de colorear as imaxes axudounos a compoñer o noso primeiro libro Fanzine.  

Un auténtico descubrimento!!


Despois Rosana leunos o conto : "Sorpresa de cores" da editorial Cómbel e así seguimos pensando e descubrindo as cores destapadas neste libro despregable.



Agora seredes vós como sabedes, así que podedes vir a contar un conto nas nosas aulas nas vindeiras semanas. 

Esperámosvos!!

  • O 25 de abril, fixemos unha saída didáctica ó Centro galego de Arte contemporánea. Alí vimos a obra de Antón Lamazares e a guía, Susana explicounos con que material pintaba e que cores utilizaba nas súas obras. Probamos a pintar debaixo dun cartón liso ou con engurras, ondulado e tamén tocamos diferentes texturas. Estivemos moi atentos e percorremos moitas salas para ver a súa obra. Tamén tivemos tempo de ir ó parque que estaba moi preto e puidemos merendar alí e xogar antes de que viñera o autobús. Gustounos moito facer a saída , levaban días preguntando cando marchabamos en bus.





  • O 26 de abril, viñeron persoal da Aula da Natureza do concello a explicarnos para que serve un hotel de bichos. A través desta aula, operarios do concello instalaron o "hotel" e o venres enchémolo entre todos co material da natureza (troncos, palla, paus, piñas...). Agora só toca agardar as visitas pero para eso é moi importante que non toquemos as habitacións.